OLA RAPAZADA!
Este curso inauguramos no noso colexio a primeira SEMANA DE RODAS !
Como sabedes, este ano o profesorado estamos formándonos de cheo na transformación dos espazos escolares e, entre outros, en como dinamizar os nosos patios. Por iso, decidimos inaugurar a semana de rodas, durante a cal toda a rapazada puido levar ao centro bicicletas, monopatíns, patíns...
Mediante esta proposta non só conseguimos dinamizar os nosos recreos senón que tamén fomentamos entre o noso alumnado hábitos saudables como o deporte ou a mobilidade sostible.
Para rematar, queremos agradecerlle especialmente a todas as nosas familias por colaborar, como sempre, nesta proposta, pois sen elas isto non podería ser posible.
Unha forte aperta
Castañón
Gracias a vos por todo o que facedes!!!
ResponderEliminar