Fomento da lectura dende bibliocarballedo: curso 22-23

BOAS!

Outro ano máis imos facer balance de como fomentamos a lectura entre o noso alumnado.

Este ano continumos cos Cast@lectómetros como maneira de rexistrar a nosa lectura.  

Tamén continuamos cos libros que van e veñen en Educación Infantil e as mochilas viaxeiras en Educación Primaria con diferentes recursos de interese para o alumnado.

Continuamos co Club de lectura co alumnado de 5º e 6º e incorporamos tamén á rapazada de 3º e 4º.



E, por suposto, tamén realizamos diferentes dinamizacións na hora de ler coa dramatización de diferentes contos como O Coelliño Branco ou Vou a Comedte.

Ademais, tivemos a sorte de poder contar coa visita de autoras como María Canosa ou Paula Carballeira.

Continuaremos traballando arreo o vindeiro curso para seguir fomentando a lectura entre o noso alumnado!

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario