Xornadas de deporte escolar e convivencia

 Ola rapazada!

Outro ano mais tivemos a oportunidade de disfrutar dunhas xornadas de convivencia e deporte escolar con outros centros da nosa contorna.

Durante o curso practicamos difrentes deportes como o baloncesto, o fútbol, o datchball, o béisbol ou o floorball. Nestas xornadas, grazas ao programa XOGADE,  visitarónnos o CEIP de A Lama e o CEIP Plurilingüe de Carballedo e puidemos visitar nós o CEIP de Fornelos de Montes e o CEIP Manuel Cordo Boullosa.

Sen dúbida, aos nosos rapaaces e rapazas estas xornadas encántanlles pois non só practican diferentes deportes senón que tamén coñecen novos compañeiros e compañeiras, outros centros educativos... Grazas a elas, traballamos moito máis que o deporte e o fomento de hábitos saudables, tamén promovemos valores como o respecto, o compañerismo ou o traballo en equipo. 

Moitas grazas a todas as persoas que fan posible que sigamos disfrutando do deporte escolar!

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario