Visitamos a Illa de Arousa

 OLA COMPAÑEIROS/AS!

O pasado venres tivemos a nosa excursión fin de curso pois non queda nada para que remate e comencen as vacacións de verán. 

Nesta saída tivemos a oportunidade de visitar a Illa de Arousa, un pequeno paraíso natural do cal puidemos disfrutar durante todo o día. Ademais, esta Illa está moi comprometida co medio ambiente e levan a cabo unha chea de accións que se enmarcan dentro dos obxectivos da Axenda 2030, asique de paso aproveitamos e aprendemos moitas cousas sobre o noso PDI Carballedo2030.

Pola mañá o alumnado puido visitar o Centro de Interpretación de Conservas e tamén escoitar todas esas accións que se están a facer para converter a Illa de Arousa nunha Illa sostible. Por outra banda o alumnado de educación infantil gozou dun tempo nun dos parques e non o puideron pasar mellor.


Xa pola tarde, despois dunha boa comedela, disfrutamos dunha das súas plaias máis bonitas e puidemos mercar algún xeado. Alí xogamos todos xuntos, eso sí, a auga estaba moi moi fría e non nos bañamos!

Sen dúbida, unha moi boa xornada na que todos e todas pasámolo en grande!

Apertas

Castañón 


Ningún comentario:

Publicar un comentario