Xornada de Piragüismo-Dragóns

 OLA RAPAZADA!
A pasada semana o alumnado tivo a oportunidade de disfrutar dunha xornada de piragüismo-dragóns. 

Como xa sabedes, un dos obxectivos a traballar este ano no noso PDI é o obxectivo 3: Saúde e Benestar, por iso, outro ano máis, promovemos unha xornada motivadora que fomenta o deporte escolar promovida dende o Proxecto de Vida Activa e Saludable.

O noso alumnado coñeceu as instalacións do Pontillón do Castro, aprendeu unhas técnicas básicas e desfrutaron dunha experiencia práctica imposible de esquecer.
Ademais, o alumnado de quinto e sexto non foi o único que puido disfrutar dunha gran xornada senón que tamén a rapazada de terceiro e cuarto pasaron unhan gran mañá polo entorno do embalse facendo unha pequena andaina.
E NON SABEDES! TIVERON A GRAN SORTE DE COÑECER A TERESA PORTELA, UNHA GRAN PIRAGÜISTA!  
MOITAS GRAZAS POR SACAR UNHA FOTO CON NÓS!

Unha aperta

Castañón








Ningún comentario:

Publicar un comentario