O noso alumnado non para, e tal e como ocorreu no primeiro trimestre, as súas exposicións demostran que traballaron arreo nos obxectivos da Axenda 2030.
ODS 15: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
O alumnado de Educación Infantil seguiu profundizando no seu obxectivo e, neste trimestre traballaron sobre os animais en perigo de extinción, as causas e tamén as consecuencias. Para elo, pintaron uns cadros que lle quedaron espectaculares.
ODS 12: PRODUCCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE
A rapazada de 1º e 2º seguiu traballando no consumo responsable e por iso fixeron unha gran cantidade de xogos con materiais de refugallo coa finalidade de concienciar aos compañeiros e compañeiras de que, para pasalo ben, non fai falta mercar ningún xoguete. Son unha pasada, verdade?
ODS 14: VIDA SUBMARIÑA
O alumnado de 3º e 4º non podía ser menos e, despois do éxito que tivo a súa representación teatral no primeiro trimestre, este non podía ser outra cousa que a súa continuidade: A REVOLUCIÓN MARIÑA II.
ODS 13: ACCIÓN POLO CLIMA
En canto ao alumnado de 5º, seguiron trabllando arreo no obxectivo número 13 e, para iso, fixeron un pequeno teatriño de marionetas mediante o cal sensibilizaron ao alumnado sobre a importancia de coidar o medio ambiente.
ODS 3: SAÚDE E BENESTAR
Xa por último, o alumnado de 6º, despois de seguir profundizando no seu obxectivo, elaboraron diferentes anuncios no que destacan a importancia da vida saudable.
Como vedes, o alumnado non para de investigar nos ODS!
Apertas
Castañón
Que trabajo 💪💪💪Ben feito a todos, nenos, nenas e profesores. E que boas cadros e explicacións de Infantil 👏👏👏👏
ResponderEliminarTodos súper traballados e orixinais pero no de 6 non falta outro vídeo ou algo?
ResponderEliminar