Ola compañeiros/as!
Lembrades que no primeiro trimestre comezamos unha pequena formación en primeiros auxilios? Pois a piques de rematar a segunda avaliación tivemos outra sesión formativa.
Tras coñecer os primeiros pasos que debemos ter en conta cando nos atopamos con alguen insconsciente, o seguinte que aprendemos foi como debemos realizar a reanimación cardiopulmonar ou RCP. Para iso primeiro atendemos a unha pequena explicación e despois aplicamola con diferentes maniquíes cos que practicamos e, grazas a unha aplicación, podíamos ver como o estábamos facendo.
Ademais, tamén aprendemos como se debe usar un desfibrilador por se a RCP non é suficiente.
Unha actividade moi importante e necesaria para o día a día coa que seguimos traballando o ODS 3: Saúde e Benestar.
Unha aperta,
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario