Degustación de merendas saudables. 2º trimestre

 Boas rapazada!
Ao igual que ocorreu nos primeiros meses de curso, este segundo trimestre continuamos coa degustación das merendas saudables, con motivo de seguir traballando cara unha boa alimentación, dentro do ods 3: saúde e benestar.
      

Os encargados de elaborar as nosas merendas esta avaliación foron os alumnos e alumnas de 3º e 4º e 1º e 2º, e a verdade é que non nos defraudaron!

Xaneiro

 A rapazada de terceiro e cuarto elaborou unhas riquísimas piruletas de avena e iogur con ingredientes como a avena e o iogur, por suposto, pero tamén plátano, a mel, a crema de cacahuete... 

Marzo

Este mes os encargados foron os nenos e nenas de primeiro e segundo e a merenda escollida foi un biscoito que estaba de rechupete! Este biscoito foi feito con fariña cen por cen integral, ovos, mel, iogur natural... un boa maneira de complementar non só as nosas merendas, senón tamén os nosos almorzos para vir ao cole cargadiños de enerxía.

Que vos pareceron? Teñen unha pinta incrible non si? 
Xa estamos argallando as novas recetas...estade atentos/as!

Unha forte aperta,

Castañón



1 comentario:

  1. Q boa pinta rapazada!! O traballo en equipo deu un resultado espectacular!! Seguro q estaban boísimos!! A seguir con esas receitas saudables que tan ben se vos Dan! 😋😋😋

    ResponderEliminar