Último reto do curso 2024/2025 superado con creces!
Vaia inventos chulos moldeáchedes coa plastilina. Ademáis de aprender moitísimo, deixáchedes ver toda a vosa arte.
Menudo alumnado que temos neste cole!
Último reto do curso 2024/2025 superado con creces!
Vaia inventos chulos moldeáchedes coa plastilina. Ademáis de aprender moitísimo, deixáchedes ver toda a vosa arte.
Menudo alumnado que temos neste cole!
Boas rapazada!
O reto do pasado mes de abril deixaba que a vosa imaxinación voase creando historias coa mesa de luz... E vaia historias creastes!
Por unha banda Mahoui atrapa a un xigante co seu anzol e encérrao nunha cova.
Noutra aula Guisantín apaga o lume da súa casa e coñece a Guisantina coa que comparte un rico churrasco.
Está claro que estas mentes da cativada de Carballedo discurre moito.
Por suposto... RETO SUPERADO!
Veña, que xa só queda o reto do mes de maio.
Seguimos superando retos!
Desta vez equipamos un exército de Amazonas, heroínas loitadoras e defensoras da xustiza.
Utilizamos os lapis 3D para crear as súas lanzas, cascos, botas e demais equipación.
Xa están preparadas para loitar contra os malvados.
Noraboa rapazada!!
Bo día rapazada!
Grazas ao programa de Biblioteca Creativa na que participa o centro, puidemos contar coa experta en STEAM Paola Guimeráns, que veu facer obradoiros con todo o alumnado os días 14 de febreiro e 7 de marzo.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria aprendeu a utilizar as placas microbit para que Breogán puidese lanzar mensaxes ao barcos que querían achegarse a Crunia:
Pero que chulas quedaron as fiestras da nosa biblioteca decoradas cos heroes mitolóxicos que escollestes!
Outro reto máis que tedes superado.
Se é que, esta rapazada desborda creatividade por todos os lados.
Noraboa a todas e a todos!
Agora, a polo reto de xaneiro, que xa tedes dispoñible na entrada da biblioteca.
OLA COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!
O pasado mes de decembro as actividades para a dinamización da nosa biblioteca non puideron ser máis especiais pois, a gran maioría estiveron destinadas a traballar o nadal, esa época que tanto nos gusta a todos e todas!
BO DIA RAPAZADA!
Rematado o mes de novembro toca ensinarvos as actividades que fixemos dende a nosa biblioteca.
OLA RAPAZADA!
Outro ano máis, co obxectivo de dinamizar a nosa biblioteca e os seus recursos, continuamos cos nosos obradoiros polas tardes e, no mes de outubro, as actividades que fixestedes foron chulísimas.