BO DÍA RAPAZADA
Onte gozamos dunha marabillosa xornada de convivencia nunha das carballeiras máis emblemáticas do noso concello: a carballeira de San Xusto.
Onte pasamos un día inesquecible na fermosa Carballeira de San Xusto, gozando dunha xornada de convivencia chea de natureza, diversión e momentos compartidos.
A mañá comezou facendo un pequeno recoñecemento pola zona, onde lemos os diferentes poemas que nos falan desta carballeira, gozamos das espectaculares vistas ao Río Lérez dende o miradoiro... e incluso bebemos da fonte!
Despois, os máis maiores fixeron unha andaina ata o río, onde coñeceron as novas instalacións dos baños do San Xusto e descubriron a riqueza natural da contorna, puidendo gozar das paisaxes deste espazo tan especial.
Mentres, os máis cativos tiveron tempo para o xogo a través de diferentes propostas como o paracaídas, o brilé... pero tamén para estar máis tranquilos con xogos de mesa. Ademais, a creatividade tamén tivo o seu protagonismo a través do xogo simbólico, coa construción de cabanas empregando elementos naturais da contorna. Unha actividade que fomentou a imaxinación, a colaboración e o respecto pola natureza.
💚 Foi unha xornada enriquecedora na que a convivencia, a cooperación e o contacto coa natureza foron os grandes protagonistas.
Apertas
Castañón
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario