BOAS RAPAZADA
Xa estamos no final do trimestre e tócanos ver que fixemos no club de lectura estos últimos tres meses.
O alumnado do 1º ciclo participou nunha actividade moi especial arredor da poesía a partir da lectura de poemas do libro ABC Diario, de Raúl Vacas. Os nenos e nenas gozaron descubrindo palabras, xogando coas rimas e explorando as letras. Tomando como punto de partida a inicial do seu nome, realizaron diferentes propostas creativas que lles permitiron achegarse á poesía dun xeito divertido e participativo. Ademais, empregaron a pizarra dixital interactiva para escribir as súas letras en grafía manuscrita e, coma por arte de maxia, transformalas en letra de imprenta cunha "variña máxica". Esta actividade resultou moi motivadora e permitiulles combinar a aprendizaxe da lectoescritura co uso das ferramentas dixitais..png)
No caso do alumnado de 3º e 4º lemos "Un segredo entre as nubes" un libro moi fácil de ler e que lles resultou moi entretido e interesante. Tras o faladoiro, fixemos un obradoiro de escrita onde o alumnado escribiu, por un lado, outros finais e, por outro, aquilo co que eles mesmos comparan as nubes... e saliu de todo! Nubes de azucre, agodóns, esponxas...
Os nenos e nenas de 5º decantáronse por Plan de rescate de Antía Yáñez. Tras realizar un pequeno faladoiro fixemos unha divertida gymkana inspirada nos protagonistas da historia. As distintas probas estaban deseñadas tendo en conta as características, habilidades e necesidades de cada personaxe, polo que tivemos que poñernos no seu lugar para superalas. En cada reto conseguiamos unha peza dun quebracabezas e, pouco a pouco, fomos reunindo todas as partes. O obxectivo final era completar a información necesaria para descubrir un plano secreto que resultou ser o do noso propio colexio. Esta actividade permitiunos comprender mellor a obra, traballar en equipo e gozar dunha experiencia moi motivadora e chea de emoción.
No que respecta ao alumnado de 6º, pertencente ao grupo 4, o alumnado solicitou ler A lección de August para despois poder visualizar a película, polo que tras a súa lectura montamos un pequeno cine!
Vémonos o curso que vén!
Saúdos
Castañón
.png)

.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario