Bo día rapazada!
Grazas ao programa de Biblioteca Creativa na que participa o centro, puidemos contar coa experta en STEAM Paola Guimeráns, que veu facer obradoiros con todo o alumnado os días 14 de febreiro e 7 de marzo.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria aprendeu a utilizar as placas microbit para que Breogán puidese lanzar mensaxes ao barcos que querían achegarse a Crunia:
En 3º e 4º fixeron un comic interactivo no que Hércules nos falaba a través do Makey makey, programando en Scratch os seus diálogos.
Foi moi divertido!
O alumnado de 1º e 2º tamén aprendeu como funcionan os circuitos eléctricos facendo soar música nunha obra de Kandinsky, sacando diferentes animais dunha granxa e facendo que os animais tocasen diferentes instrumentos.
Unha mañá moi produtiva!
Ademáis de pasalo en grande, aprendemos moitísimo das posibilidades creativas que ten a tecnoloxía.
Grazas Paola!
Ningún comentario:
Publicar un comentario