BOAS RAPAZADA!
Teremos que ver que fixemos na biblioteca o mes de marzo non?
Ademais, este mes deu comezo a primavera polo que non podían faltar actividades para darlle a benvida como a decoración da biblio ou a realización dunha coroa de flores.
Tamén continuamos por suposto co noso club de escritura, traballando neste mes a composición de palabras coas letras móbiles.
E, como non, tamén seguimos traballando na importancia da relaxación con actividades como o ioga ou as mandalas.
Vémonos coas actividades do próximo mes!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario