SEMANA DA PRENSA
Ao longo dunha semana o alumnado, dende infantil ata sexto, estiveron traballando coa prensa.
Durante estos días a rapazada traballou e manipulou de primeira man diferentes xornais: coñeceron os diferentes xornais que temos en Galicia (A Voz de Galicia, o Faro de Vigo ou o Diario de Pontevedra entre outros) e coñeceron como se organizaban as súas diferentes seccións así como que tipo de información podemos atopar.
Despois tamén fedellaron e navegaron polos diferentes xornais dixitais analizando que posibles diferenzas hai entre estos e os físicos.
Ademais, tamén se traballou a conciencia crítica e a análise da información, identificando as fontes fiables e fomentando a expresión escrita mediante a noticia.
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario