OLA RAPAZADA!
O venres tivemos unha visita moi especial ao noso cole para visibilizar o Día da Árbore.
O pasado 21 de marzo conmemorouse o Día da Árbore, un día declarado para protexer os nosos bosques, esos que fan da nosa contorna un lugar máxico.
Foi por isto que tivemos unha visita por parte dos gardas forestais na que non só nos ensinaron a importancia do seu traballo senón que tamén volveron a incidir nos motivos polos que son necesarios coidar as nosas árbores e as nosas zonas arboradas.
Para rematar, deronlle un pequeno agasallo ao alumnado para que non se lles esqueza todo o visto na charla.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario