Bo día rapazada!
O pasado luns saímos polo entorno do noso cole a facer unha carbaruta e, de paso, aproveitamos para traballar o Día de Rosalía recollendo unha serie de plantas que aparecen nos seus poemas.
O noso alumnado e profesorado aproveitou o día tan solleiro que nos acompañou o luns para facer unha andaina por Carballedo e coñecer e experimentar coa flora típica da nosa comunidade. Como xa sabedes, o pasado 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro e aproveitamos esta pequena Carbaruta para que o alumnado recollese as diferentes plantas que aparecen reflexadas nos seus poemas e que descrubiron grazas ao libro "O herbario de Rosalía" como as silveiras, os toxos, o loureiro, o acivro... Ademais, a través desta actividade tamén fomentamos a realización da actividade física e hábitos saudables aproveitando as oportunidades que nos ofrece a nosa contorna.
Por outra banda, o alumnado de 3º a 6º (xa que para os máis cativos era unha andaina un pouco máis longa) visitou un lugar fermoso como o é a aldea de Arufe, a cal está chea de historias e anécdotas do noso concello.
Unha vez que voltamos ás aulas, clasificaron as diferentes especies recollidas para despois elaborar o seu propio herbario.
Ademais, aproveitamos que fixemos esta andaina para ir recollendo o lixo que nos íamos atopando e así colaborar no coidado do medioambiente. Nótase que estamos traballando arrea no noso proxecto Carballedo 2030!
Unha actividade moi chula e divertida na que traballamos aspectos moi importantes e necesarios: o deporte, a flora galega, a literatura, o coidado do medio ambiente....
Unha aperta moi forte
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario