Día Internacional da Muller Traballadora

 OLA RAPAZADA!

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora no noso cole correndo pola igualdade. 

O noso alumnado celebrou o Día Internacional da Muller correndo pola igualdade, unha actividade que organizou e preparou o alumnado de 6º de EP e na que tamén colaboraron as familias.

Os vosos compañeiros e compañeiros entrevistaron a diferentes mulleres e detectaron numerosos obstáculos aos que se teñen que afrontar no seu día a día e, por iso, decidimos correr nunha carreira na que o todo o noso alumnado debía superalos ao igual que o fan as mulleres. Agúns deles son. entre outros, os soldos desiguais, as dificultades para conciliar, o menor recoñecemento na sociedade ou os problemas que teñen en moitas ocasións para liderar proxectos. 


Unha actividade moi divertida na que concienciamos sobre a importancia da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o respeto, a non violencia... reivindicando ademais o papel das mulleres e o seu empoderamento. 

Unha aperta moi forte

Castañón



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario