Saída á Afundación

 Boas rapazada!

O pasado luns a rapazada de 3º a 6º foi ver unha obra de teatro sobre a vida mariña no teatro Afundación.




A maior parte do noso alumnado tivo a oportunidade de acudir ao teatro de Afundación a ver unha representación sobre "Nautilos. 20.000 linguas de viaxe submariño". Esta proposta é unha adaptación feita pola Compañía La Negra, cuxo obxectivo principal é a sensibilización ambiental, presentando unha lectura comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta. Non pode gardar máis relación co noso proxecto, verdade?

Unha vez rematada deron un pequeno paseo por Pontevedra visitando as Praza da Peregrina ou da Ferrería para despois desfrutar dun tempo de descanso e ocio para recuperar folgos en Campolongo.


Que ben o pasaron! 

Unha aperta

Castañón



Ningún comentario:

Publicar un comentario