Actividades para a dinamización da biblioteca: febreiro!

 Boas rapazada! 

Un mes máis veño coa proposta de actividades da nosa biblio creativa; nesta ocasión a do mes de febreiro:

Este mes tivemos un montón de actividades variadas, entre elas algunhas multisensoriais: luces e sombras cos animais dos distintos ecosistemas terrestres, escrita creativa con luz negra ou lectura con luces de cores.

Outras das actividades enfocáronse á percursión e á celebración do entroido! Tamén estreamos a nova máquina de chapas e desenvolvimos actividades do club de ciencia.



A nosa mami, Laura, veu desenvolver unha das súas últimas sesións do teatriño con material de refugallo. Nesta ocasión, xa co escenario elaborado, tocou o turno da creación das personaxes que cobrarán vida nas representacións:


Unha aperta: Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario