E por fin chegou o gran día! O día no que celebramos o entroido e saímos polas rúas de Carballedo, reciclamos a Gusmalote, degustamos postres....e moito máis.
A mañá comezou, como non podía ser doutra maneira, sacando unhas fotiños no photocoll que a rapazada foi elaborando durante as semanas previas. Ademais, esos disfraces tiñan que quedar no recordo, pois foron chulísimos!
Despois, desfilamos polo centro de Carballedo, saudando á veciñanza e familias que se acercaron a vernos. Fomos todos xuntos bailando, cantando... foi un momento cheo de diversión Ademais, contamos coa colaboración de Protección Civil, encargados da nosa seguridade. Moitas grazas!
Cando chegamos ao cole, por fin puideron liberarme reciclando toodo o lixo de Gusmalote.
Unha vez liberado, desfrutamos do desfile individual no que cada un de vós puido ensinar en detalle o disfraz que levaba relacionado co PDI deste ano. Non podían ser mellores! Por aquí deixo algunhas fotos para que vexades que non é mentira.
Xa para rematar esta fantástica mañá, degustamos os postres típicos feitos polas nosas familias (filloas, orellas...) e tamén bailamos e xogamos entre todos co paracaídas, carreira de sacos...
Moitas grazas a toda a rapazada e as súas familias pola súa implicación outro ano máis.
Unha aperta,
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario