Temos un encontro con Oli!

 Contamos coa visita de Oli, o autor de "O elefante perdeu a memoria" e "Artur" , dous libros que formaban parte do itinerario lector do alumnado de infantil e 1⁰ e 2⁰ ciclo de educación primaria.

Foi un encontro moi entrañable coa que  coñecimos a preciosa relación que Oli mantivo co seu avó igual que o protagonista dun dos libros mencionados. Descubrimos  o que agochaba na súa caixa de tesouros e quedamos marabillados escoitando a melodía da súa caixa de música.

Tamén tivemos a sorte de que nos contara o conto de "Artur".

Grazas Oli, por agasallarnos coa túa presenza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario