Homenaxeamos ás mulleres do noso concello polo 8M

 O 9 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller lembrando as achegas, a forza e as historias das mulleres do noso concello.

Co obxectivo de seguir investigando todo sobre o noso concello decidimos, polo 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, profundizar en diferentes mulleres que destacan ou destacaron por diversos motivos como Carmen, Nélida Piñón, Belén Riveiro, Inés, Malores, Cristina ou Anría Jácome.

Despois de investigar a través da realización de entrevistas ou da búsqueda bibliográfica, convidamolas ao noso centro, ben sexa de maneira presencial ou virtual, para facerlles un pequeno homenaxe e agasallalas cun retrato gravado cunha pequena explicación feita polo alumnado na que se describen os datos máis salientables das súas vidas.

Sen dúbida, unha gran xornada na que puxemos en valor o traballo de moitas mulleres veciñas.

Saúdos

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario