BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
O outro día o alumnado de 5º e 6º de EP tivo a gran sorte de acudir á Deputación a presentar a nosa cooperativa "As cores de Carballedo 6.0".
Durante esta xornada levouse a cabo un encontro das diferentes cooperativas que participan no programa Depoemprende na escola, un programa educativo dirixido ao alumnado de 5º e 6º de EP no cal deben crear e xestionar unha cooperativa escolar, elaborar produtos e organizar a súa venda en actividades na que colaboran os diferentes centros educativos que participan co fin de destinar unha parte das ganancias a entidades sociais.
Unha vez na deputación o noso equipo directivo foi o encargado de presentar "As cores de Carballedo 6.0", unha presentación na que explicaron como nos organizamos, as funcións de cada un de nós e a asociación escollida este ano: Galiclown, unha asociación que ten como obxectivo contribuir ao benestar emocional das persoas que se atopan ingresadas así como das súas familias.
Ademais, tivemos a sorte de que antes puidemos realizar unha visita as Ruinas de Santo Domingo, onde nos explicaron todo sobre a súa historia así como unha pequena visita guiada polo edificio da deputación.
Saúdos
Castañón
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario