Obradoiro "Futuro STEM. Sen estereotipos"

Durante o mes de febreiro celebrouse o Día da Muller e da Nena na ciencia e no noso cole contamos cun obradoiro impartido pola asociación Mulleres en Igualdade de Cerdedo Cotobade.

Este obradoiro, titulado "Futuro STEM. Sen esterotipos" consistiu nunha pequena charla participativa así como un quizz interactivo onde o alumnado coñeceu diferentes datos curiosos sobre diferentes achegas ao longo da historia. Ademais, reflexionaron sobre os estereotipos de xénero.


Unha experiencia moi enriquecedora coa que facemos fincapé na importancia de traballar a igualdade nas aulas.


Apertas

Castañón





Ningún comentario:

Publicar un comentario