Celebración do Día da Paz

 OLA COMPAÑEIROS/AS!

O pasado martes día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e da Non Violencia xunto coas nosas familias na que foi unha gran xornada de convivencia. 

Este ano conmemoramos o Día da Paz dun xeito moi especial. Organizamos unha gran xornada de convivencia na que convidamos as nosas familias a participar nun obradoiro que consistiu en montar unhas casiñas de madeira para paxaros e así darlle acollida no noso patio. Deste xeito entendemos a Paz tamén como protexer, dar acubillo, solidadariedade ou respecto polos animais, algo que estamos traballando arreo neste curso 2023-2024 mediante o noso PDI: Carballedo, que animalada!

Despois de montar as casiñas, rapazada e familias escribiron diferentes mensaxes do que entendían eles pola palabra "PAZ" nas diversas pombas para depois colgalas. 

MOITAS GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS QUE COLABORARON NESTA GRAN XORNADA!

APERTAS

Castañón






Ningún comentario:

Publicar un comentario