Dinamización da biblioteca: xaneiro!

BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!

Co remate do mes de xaneiro toca ensinarvos as actividades que levamos a cabo para dinamizar a nosa biblio polas tardes! 

Ao longo deste mes realizamos talleres e actividades de diversa índole, dende robótica cos robots true true ata lettering!
Por suposto, tamén fixemos actividades manuais, nesta ocasión animais con arcilla... xa que estamos traballando arreo neles!
Tamén tivemos a oportunidade de desfrutar de xogos populares, malabares...
E, por suposto, actividades de luces e sombras!

Vémonos o mes que ven coas novas propostas!

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario