ENTROIDO 23-24 (1): CARBALLEDO, QUE ANIMALADA!

 BOA TARDE COMPIS!

O pasado venres festexamos o entroido, este ano relacionado cos animais tendo en conta o noso PDI: Carballedo, que animalada!

Como nos gusta neste cole unha boa festa! A pesares de que o tempo non nos acompañou, grazas a colaboración de toda a comunidade educativa puidemos disfrutar igualmente dun gran entroido no pavillón.

O primeiro que fixemos foi, como sempre, o noso desfile grupal para que despois, a nosa rapazada, desfilara de maneira individual e que puideramos ver ao detalle os seus increíbles disfraces!

Primeiro foron os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL

Despois deles, foi o turno da RAPAZADA DE 1º e 2º
E chegou a hora do ALUMNADO DE 
E ollo, porque se pensábades que isto non podía mellorar... aquí veñen os NENOS E NENAS 4º!
E xa para rematar... A RAPAZADA DE 5º E 6º!
Se queredes ver o desfile das nosas familias e quenes resultaron premiados/as nas categorías de postres e disfraces entrade na publicación do entroido parte dúas!

Saúdos

Castañón









Ningún comentario:

Publicar un comentario