PODCAST 11. CAST@RADIO ESPECIAL LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A XELA ARIAS

 Boas rapazada!

Hoxe é un día de festa, pois é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS! E iso, como non, merece facer un programa especial de radio para homenaxear á autora á cal este ano se lle dedica esta celebración tan importante (non só para a nosa lingua, se non para toda a nosa cultura). Ela é... 

XELA ARIAS! 

Se queredes saber un pouquiño máis desta autora, non vos perdades a seguinte entrada do blogue, na que a rapazada vos conta con todo detalle a súa vida. 

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, xunto ás súas profes, maquinaron a brillante idea de xuntarnos na Cast@radio a min (Castañón), ao Quixote, á bruxa de Roald Dahl, ao señor Bianchi e ao Conde Drácula. Queredes saber para que? Non vos perdades este divertidísimo programa!!





 E ti, aínda non o fixeches??

 Acende o teu galego!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario