Para dar a benvida ao mes de maio, o alumnado de 4º de Educación Infantil estivo traballando sobre os maios. Todo isto foi posible, como sempre, gracias á colaboración das familias:
- Primeiro a rapazada fixo a recolecta de todos os materiais pola contorna.
- Despois, reunimos o material na aula, manipulámolo e aprendemos sobre el empregando este marabilloso inventario de Kaladraka: Inventario de flores e inventario de árbores.
Con esta actividade os nenos e nenas divirtíronse un montón e aprenderon unha morea de cousas sobre as plantas que os rodea, pero tamén coñeceron parte da tradición cultural desta celebración.
Como podedes ver o resultado é estupendo!
Moitas gracias a todos e todas por este agasallo que nos fixestes!
Castañón!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario