DÍA DO LIBRO 3ª PARTE: LECTURAS COMPARTIDAS E KAMISHIBAI

Boas rapazada! 

Para rematar coa celebración desta data tan importante para o noso PDI levamos a cabo as dúas últimas actividades.

O venres 23 de abril realizamos as lecturas compartidas entre o alumnado das mesmas clases. Previamente, cada parella seleccionou da biblio o libro que máis lle gustou. Que cantidade de xeografías lectoras se conformaron no centro!! Libros de imaxes, contos, lecturas informativas, en formato dixital... Da gusto ver a rapazada, dende ben pequeniña, gozando cos libros e coa lectura, que importante para formar a persoas competentes!!
















Para este mesmo día tiñamos preparada a xornada de Kamishibai, como xa é tradición no centro,  pero viuse retrasada polas condicións meteorolóxicas (xa que as actividades conxuntas realizámolas no exterior). Nesta ocasión a temática estivo relacionada con "O ano dos contos", polo que Castañón viaxou a través dos contos actuais favoritos do alumnado, e compartiu aventuras coas súas personaxes. 

Agardo que vos guste!

 






Castañón!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario