BOS DÍAS COMPAÑEIROS/AS!
Este martes 3 de decembro conmemoramos Día Internacional da Discapacidade.
Outro ano máis dende o noso centro queremos sensibilizar e concienciar ao noso alumnado da importancia de aceptar e respetar a diversidade, de incluir a tódalas persoas e, sobretodo, de ser quen de ver as cualidades de todos e todas.
Por iso, este ano, centrámonos nos superpoderes que temos todos nós e tamén eles. Para iso, a rapazada visualizou un vídeo de ALFASAC onde aparecen persoas que se comunican de diferente xeito empregando múltiples sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.
Unha vez visto e reflexionado, debuxaran e escribirán en grupos interniveis os superpoderes que apreciaron nesas personas e neles mesmos.
Para rematar, o alumnado tamén tivo a oportunidade de visualizar un videoconto "Pete o gato" no que participou activamente un dos alumnos do cole.
Seguimos loitando como verdadeiros superheroes por unha verdadeira sociedade inclusiva.
SAÚDOS
CASTAÑÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario