Obradoiro: Animación á lectura con Manolo Solla

O 14 de abril realizamos unha xornada de animación á lectura da man de Manolo Solla.

Na primeira sesión, os nenos e nenas de Educación Infantil e do primeiro ciclo participaron nunha xornada moi dinámica, na que se empregaron marionetas e personaxes típicos dos contos, así como o libro “Oh!”, espertando o seu interese e curiosidade pola lectura.

Na sesión dirixida ao segundo e terceiro ciclo, tamén se fixo referencia a personaxes tradicionais como piratas, incorporando tamén elementos como un péndulo máxico para captar a atención do alumnado. Ademais, traballouse co conto “El tiburón sin dientes”, fomentando a participación do alumnado a través dunha canción relacionada co mesmo.


Saúdos

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario