Continuamos formándonos no funcionamento de bibliocarballedo!

A biblioteca escolar é moito máis que un espazo de lectura: é un centro de recursos para a aprendizaxe, a investigación e o lecer polo que consideramos fundamental a formación de toda a comunidade educativa para que saiban como utilizar este espazo de maneira autónoma, responsable e eficaz.

Ao longo do curso, o alumnado participa en sesións formativas nas que aprende a localizar libros, comprender a organización dos fondos e facer uso dos distintos servizos que ofrece a biblioteca. Estas actividades están adaptadas ás diferentes idades e necesidades, facilitando unha aprendizaxe progresiva e significativa.

Un dos aspectos clave desta formación é o emprego da plataforma Koha, o sistema de xestión bibliotecaria que utilizamos no centro. Grazas a esta ferramenta, o alumnado aprende a buscar información no catálogo, consultar a dispoñibilidade dos libros e realizar préstamos, desenvolvendo así habilidades dixitais imprescindibles no contexto actual.

Ademais, promovemos a elaboración de trípticos informativos dirixidos ás familias, nos que se recollen aspectos como a catalogación seguindo a CDU, os espazos que podemos atopar na biblio, os xéneros cos que contamos...

En definitiva, a formación de persoas usuarias contribúe a que a biblioteca escolar sexa un espazo vivo, accesible e útil para toda a comunidade educativa, onde cada persoa pode aprender, descubrir e gozar da lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario