Obradoiro de radio!

BOAS COMPAÑEIROS/AS! 

A pasada semana tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro de radio moi enriquecedor no que descrubrimos a importancia de traballar a voz como ferramenta de comunicación e expresión.

O alumnado dende infantil ata 6º de EP traballou dinámicas moi divertidas que lles axudaron a perder a vergoña e tomar conciencia da súa propia voz. Realizaron exercicios de vocalización e relaxación da voz, aspectos fundamentais para falar con claridade.

Ademais, tamén traballaron diferentes técnicas teatrais nas que aprenderon a importancia do sonoro, entendendo como o silencio por exemplo pode influir na mensaxe que queremos transmitir, Por outra banda, tamén se fixo fincapé en darlle intencionalidade ás palabras, traballando a expresión e a emoción ao falar, algo esencial non só para os nosos programas de radio senón tamén na vida cotiá.

E por último, practicamos distintos métodos de quecemento de voz, moi útiles para preparar a voz antes de falar en público, ler en voz alta ou participar nos programas da cast@radio.


Sen dúbida, foi unha experiencia moi positiva que combinou aprendizaxe, xogo e expresión artística. 

Saúdos

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario