Dinamización da biblioteca: mes de decembro!

 BOAS RAPAZADA!

Xa estamos en xaneiro pero no mes de decembro a nosa biblio albergou numerosas actividades polas tardes.

Como cada mes, o alumnado tivo a oportunidade de gozar de diferentes obradoiros e actividades no tempo que teñen despois do comedor.

En decembro, como xa é tempo de Nadal tódalas actividades xiraron en torno a esta festividade: dende elaboración de postais ata a creación de diversos adornos navideños para a árbore do noso cole.

E por suposto non puideron faltar esos días de lectura libre, algo que aos nosos nenos e nenas lles encanta!

Vémonos para falar das actividades de xaneiro.

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario