Un ano máis, dende bibliocarballedo seguimos apostando por iniciativas que fomenten o gusto da lectora e, unha das máis especiais é, sen dúbida, a das mochilas viaxeiras.
Esta actividade permite que os libros entren nas casas compartindo historias e momentos en familias. Cada mochila viaxeira contén unha selección de libros tendo en conta non só a idade senón tamén os gustos e preferencias do alumnado así como un caderno no que tanto nenos/as como as súas familias poden deixar os seus comentarios, debuxos... sobre a súa experiencia.
Cada semana, os nosos gardabiblios levan a cabo un sorteo para ver a quen lle toca levar a mochila.
Unha gran dinámica que non só promove a lectura e fortalece o vínculo familia-escola, senón que tamén fortalece o compromiso e responsabilidade do noso alumnado ns tareas da biblioteca escolar.Saúdos
Castañón
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario