OLA FAMILIAS!
Como tódolos anos deixámosvos por aquí algunhas ideas para este ano.
Saúdos
Castañón
O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria tiveron a oportunidade de gozar da visita de Arturo, o papá do noso compañeiro André.
BOAS RAPAZADA!
O alumnado de 6ºEI e primeiro ciclo tiveron a sorte de escoitar o conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis".
BOAS COMPAÑEIROS/AS!
O pasado mércores o alumnado de 2º a 6º tivo a sorte de participar no cross escolar, unha das actividades que máis nos gustan.
BOAS AMIGOS/AS!
Hoxe foi un día especial para nós pois conmemoramos o Día Internacional da Eliminación de la Violencia contra á Muller.
OLA RAPACES!
Unha das cousas que máis nos gustan neste concello son as festas e, se son de papar, aínda máis!
Por iso, este ano estamos a investigar sobre tódalas festas gastrónomicas que ten Cerdedo Cotobade.
Imosvos deixar un programa de radio no que falamos sobre elas.
Vémonos nas festas!
Castañón
BOAS COMPAÑEIROS/AS!
A pasada semana o alumnado de 3º a 6º de EP tivo a sorte de poder coñecer a casa da gaita situada en Viascón.
OLA COMPAÑEIROS/AS!
Este ano levamos a cabo un concurso de relatos polo Samaín. Por aquí vos deixamos os relatos gañadores que grabamos para a nosa radio.
Agardamos que vos gusten tanto como a nós!.
Saúdos
BOAS A TODOS/AS!
No mes de outubro comezamos coas actividades que axudan a dinamizar a nosa biblioteca despois do comedor.
OLA RAPAZADA!
O 24 de outubro festexamos o Días das Bibliotecas Escolares e, polo tanto, tivo lugar a inaguración oficial do noso PDI deste ano: Dende a Cuqueira para o mundo.
BOAS COMPAÑEIROS/AS!
Os nenos e nenas de 1º a 3º de Educación Primaria foron de visita á radio de Pontevedra.
BOAS RAPAZADA!
Xa fixemos a primeira carbaruta e coñecemos nin máis nin menos unha das xoias do noso concello: a aldea abandoada de Arufe.
Bo día a todos e todas!
Este ano, como xa sabedes, estamos a traballar sobre o noso concello a través do noso Proxecto Documental Integrado: Dende A Cuqueira para o mundo.
Por aquí vos deixamos un pequeno documento onde vos aparecen os principais obxectivos, contidos, tipos de tarefas que levaremos a cabo... e moito máis para que non vos perdades nada.
Apertas
Castañón
OLA DE NOVO A TODOS E TODAS!
Comezamos este curso 25/26 cheos de ilusión e con moitas ganas de traballar e aprender sobre o novo proxecto "Dende A Cuqueira para o mundo". Este proxecto estará adicado a coñecer en profundidade o patrimonio cutural e natural do noso concello.
Onte fixemos entrega xa da documentación polo que estade atentos ás novidades que isto comeza!
Rapazada! Este curso, As Cores de Carballedo 5.0 dan por rematada tanto a producción dos seus produtos como a súa venda nos mercados.
Último reto do curso 2024/2025 superado con creces!
Vaia inventos chulos moldeáchedes coa plastilina. Ademáis de aprender moitísimo, deixáchedes ver toda a vosa arte.
Menudo alumnado que temos neste cole!
OLA RAPAZADA!
Hoxe o alumnado de 1º e 2º de primaria tivo a sorte de gozar dun encontro multideporte cos nenos e nenas dos outros centros de Terra de Montes.
Rapazada, damos por rematado o club de lectura deste curso 2024-2025 coas actividades feitas neste último trimestre.
Rapazada! Xa podemos dar por rematado o curso escolar 24/25 e, por iso, quixemos pasar unha xornada coas nosas familias.
Rapazada, a espera mereceu a pena!
Este ano a nosa biblioteca sufriu unha gran transformación na que, ademais de mudar o mobiliario tamén deseñamos novos espazos así como unha morea de material e novos recursos.
Queredes ver o antes e o despois? Pois por aquí vos deixo unhas fotografías.
ANTES
BOAS FAMILIAS!
Coa chegada do verán deixámosvos por aquí as nosas recomendacións lectoras.
CASTAÑÓN
BOAS NENOS/AS
Seguimos nunha semana chea de actividades, neste caso, coñecendo o funcionamento da garda civil.
OLA RAPAZADA!
O mes de maio foi o último deste curso no que tivemos actividades na nosa biblio polas tardes.
Bo día rapazada!
Nesta entrada móstrovos todo o traballo realizado este curso no obradoiro de robótica e electrónica de Polos Creativos.
Ao longo deste curso fixemos 4 rotacións e en cada unha tiñamos unha estación de robótica, unha estación de circuítos eléctricos e unha estación de construcción.
BO DÍA
Continuamos fomentando o hábito lector dende ben pequenos co programa Libros que van e veñen impulsado dende bibliotecas escolares.
OLA RAPAZADA
O fomento da escritura e da expresión oral son competencias fundamentais a traballar co noso alumnado.
BOAS!
Tras a transformación que sufriu a nosa biblioteca ao longo deste curso é hora de que as familias a coñezan en profundidade.
BOAS FAMILIAS!
Xa está rematando o curso escolar e toca ver que obradoiros fixemos este ano dentro do programa de polos creativos.
BOAS RAPAZADA
Xa sabedes que este ano a nosa biblioteca pasou por unha gran transformación polo que é necesario que todos e todas saibamos como funciona.
BOAS A TODOS/AS!
O pasado venres contamos coas familias para levar a cabo a transformación dun dos nosos espazos do centro.
Este curso seguimos creando comunidade e fomentando o hábito lector grazas aos apadriñamentos lectores.
OLA A TODOS/AS!
O noso club de lectura de adultos segue funcionando e, no segundo trimestre decidimos ler A muller xabaril de Fina Casalderrey.