BOAS COMPAÑEIROS/AS!
Os nenos e nenas de 1º a 3º de Educación Primaria foron de visita á radio de Pontevedra.
Alí, o alumnado gozou dunha experiencia marabillosa na que ademais de coñecer as súas instalacións, gravaron en diferentes estudos, practicaron e traballaron coa voz, aprenderon novas técnicas de comunicación e incluso escoitaron parte dun programa en directo e interviñeron no mesmo.
Sen dúbida, unha gran xornada para todos e todas.
Saúdos
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario