Visitamos a casa da gaita!

 BOAS COMPAÑEIROS/AS!

A pasada semana o alumnado de 3º a 6º de EP tivo a sorte de poder coñecer a casa da gaita situada en Viascón.

Como xa sabedes, este ano estamos a traballar no marco do noso PDI todo sobre o noso concello. Por este motivo, un dos persoeiros e lugares que debemos investigar é Ricardo Portela, un recoñecido gaiteiro de Viascón.

Este ano a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) convidounos a casa da gaita para aprender un pouquiño sobre diferentes instrumentos de música tradicional galega como a gaita, a pandeireta, o tamboril... entre outros.

Ademais, tamén nos ensinaron os bailes que bailamos en tódalas foliadas do concello como o pasodoble, a muiñeira ou a xota.


Para rematar, a rapazada puido tocar tódolos instrumentos que quixeran e botar unha ollada a todo o exposto no museo.


Sen dúbida, unha gran oportunidade para coñecer máis en profundidade algo tan valioso de Cerdedo Cotobade.

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario