OLA RAPAZADA!
A semana pasada, aproveitando o día tan solleiro que tivemos, fixemos a nosa primeira carbaruta do curso.
Outro curso máis iniciamos os hábitos saudables cunha ruta pola nosa contorna na que puidemos gozar das fermosas paisaxes que nos brinda esta época do ano.
O alumnado de educación infantil, 1º e 2º de Educación Primaria fixeron parada no río no que aproveitaron para facer un pequeno traballo de campo enmarcado no Proxecto Ríos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario