Festexamos o Samaín e inauguramos Polos Creativos!

 OLA RAPAZADA!

Este ano festexamos o Samaín dunha maneira diferente... coa INAUGURACIÓN DE POLOS CREATIVOS!

O festexo do Samaín este ano comezou co noso tradicional concurso de cabazas, as cales viñeron decoradas coa temática do noso PDI: Carballedo, escola de superheroes! A verdade é que estaban espectaculares e a rapazada tivo moi complicado escoller gañadores!

Os nosos nenos e nenas viñan que daban verdadeiro medo! Senón mirade...

O mellor de todo foi que co Samaín chegaron os obradoiros interniveis de Polos Creativos e, este ano, con novidades!
DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
Neste novo obradoiro non só coñeceremos os instrumentos tradicionais galegos senón que tamén aprenderemos a tocar algúns deles así como diferentes danzas como a muiñeira. Ademais, como festexábamos Samaín aprenderon ritmos de música de medo.

COCIÑA
Non podiamos deixar de cociñar polo que este ano a nosa particular cociña segue a pleno rendemento. Neste día o alumnado cociñou unhas ricas galletas de samaín así como un postre verdadeiramente terrorífico. Quen se animaría a comer iso?
TECIDOS
Outro dos obradoiros que continúan este curso é o de tecidos, Nesta ocasión a rapazada fixo, entre outras cousas, o seu propio bolsiño con forma de cabaza. Unha verdadeira chulada!
HORTA
Este obradoiro inaugurouse este curso coa manipulación e experimentación de diversas cabazas, tendo en conta que era Samaín, estaba claro non si? Os nosos nenos e nenas non o puideron pasar mellor emporcallando as mans!
ROBÓTICA
No obradoiro de robótica fixeron o que poderíamos chamarlle como Supercabazas con luz é todo.
RADIO
E xa, no programa de radio gravaron e editaron o programa especial Samaín que podedes escoitar no blog.

Pasamos un día terroríficamente divertido!

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario