DÍA DO LIBRO 2ª PARTE. RECREACIÓN DE PORTADAS E BOOKFLIX

 Ola rapazada! 

Este curso, para a celebración do Día do Libro, quixémonos sumar á proposta lanzada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Esta consistía en conmemorar esta data tan especial a través dunha acción creativa baixo o lema CREAcción.

Así, buscando a ligazón co PDI "O ano dos contos", a proposta artística resultante foi a recreación de portadas dos contos favoritos do noso alumnado. Para iso, pediuse a colaboración a todas as familias; a quen os temos que dar as gracias pola acollida que tivo. Ah! e os profes tamén se animaron e bueno... como non tamén o fixen eu. Gústavos como saín? Fíxena igualiña igualiña.



Aquí tedes o traballo tan creativo e orixinal que fixo o alumnado.


Como non, tiñamos que facer algo coas vosas obras de arte e, como non podía ser doutro modo, collimos todas elas e creamos un mural a modo de BOOKFLIX: o netflix dos libros coas vosas recomendacións. Non vos esquezades de ir visitar a entrada principal do cole para pescudar de que conto se escaparon os vosos e as vosas compis!








Agardo que hoxe durmades ben e que practiquedes a vosa lectura para a xornada de mañá na que celebraremos o Día do Libro.

Saúdos de Castañón!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario