2º OBRADOIRO DE RADIO CON CHARO PITA: AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS

Despois de desfrutar un montón coa primeira formación con Charo Pita, o pasado mes de marzo volvímola ter no centro para desenvolver outro obradoiro de radio. 

Nesta ocasión, celebrando o 8 de marzo o Día da Muller Traballadora , a temática escollida foi "Aventureiras Intrépidas". Tras investigar e coñecer a vida de moitas mulleres que destacaron la historia, a rapazada de 3º e de 6º de primaria estiveron toda a mañá aprendendo a crear de cero un programa de radio. Este foi o resultado:









Só nos queda agradecerlle a Charo Pita que nos acompañara ao longo desta xornada e que nos ensinara tantísimo dunha maneira tan lúdica. De seguro que todo o que aprendeu a rapazada lles servirá un montón no seu desempeño na radio.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario