VISITA DE BERNI COSTAS

Boas rapazada:
Hoxe estou aquí para poñervos algunhas das fotiños que tiñamos pendentes ao longo deste trimestre. 
Comezarei subindo unhas fotos do DÍA DA DISCAPACIDADE  que foi o pasado 3 de decembro, e para celebralo tivemos a sorte de poder contar na nosa escola con BERNI COSTAS, que foi un deportista paralímpico que competíu en baloncesto de cadeira de rodas.
O encontro tivo dúas partes, por unha banda un encontro co deportista na biblioteca do centro, e por outra unha demostración no patio onde lle deixou probar a cadeira de rodas ao alumnado. E rematamos facéndolle unha entrevista para a nosa Cast@radio que xa foi emitida no programa.
Aquí vos deixo as fotos deixo deste maravilloso encontro, e por suposto agradecerlle dende aquí a Berni a súa colaboración de maneira altruísta para darlle a coñecer este deporte ao noso alumnado.














 Moitas grazas Berni!! Saúdos, Castañón 

Ningún comentario:

Publicar un comentario