Obradoiro de radio con Luís Pardo

Ola rapazada:
Hoxe tivemos a sorte de contar con  nós na nosa escola con Luís Pardo, un xornalista da cadena Ser que veu facer un obradoiro de formación  para o alumnado de 4°,5°e 6°.
Primeiro estivemos na aula e posteriormente baixamos á Cast@radio para escoitar o último podcast que subimos e deunos uns conselliños que ímos por en práctica a partir do seguinte programa para poder mellorar a calidade do mesmo.
Moitas grazas Luís por acudir ao noso centro e pola túa dispoñibilidade, cercanía e amabilidade co noso alumnado.
Aquí vos deixo unhas fotiños do obradoiro e lembrarvos que no seguinte programa incluiremos a entrevista feita pola nosa rapazada.










E xa sabedes para calquera cousa...Castañón sempre á vosa disposición!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario