OBRADOIRO DE PABLO OTERO

Boas rapazada:
Como xa sabedes este curso continuamos a formar parte do programa de BIBLIOTECA CREATIVA,  e dentro deste temos que levar a cabo unha formación co noso alumnado. Decantámonos por facer dous obradoiros, por unha banda este primeiro a cargo de PABLO OTERO e o outro que vos informaremos no vindeiro mes de xaneiro. 
Nesta formación levamos a cabo dous obradoiros, un co alumnado de 3º e 4º, e outro co de 5º e 6º. o primeiro dos alumnos de 3º e 4º foi un obradoiro sobre a capacidade de crear obras artísticas a partir de manchas e o do alumnado de 5º e 6º foi un obradoiro no cal transformaron os libros do expurgo en verdadeiras obras artísticas, tal e como se pode observar nas seguintes fotografías:






























Saúdos, Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario