OS CARTEIROS DO AMOR

Boas rapazada:
Como xa sabedes o pasado venres, foi o Día de San Valentín, e ademais de ter a  I CITA A CEGAS COA LECTURA, tivemos outra actividade. Decatámonos de que o noso buzón do agarimo,  o
que empregamos para a sección da Cast@radio Escóitate! estaba repleto de mensaxes agarimosas con motivo do citado día, e porén decidimos que non as íamos ler todas pola radio, senon que contariamos co alumnado de infantil para exercer de Carteiros do amor e entregar en man as mensaxes de agarimo nunha data tan especial. 
Aquí vos deixo unhas imaxes para que poidades ver o ben que o pasaron tanto os carteiros coma as persoas que recibiron as mensaxes.










CITAS A CEGAS...COA LECTURA

Boas rapazada!!
Que tal estades? Como xa sabedes o pasado venres, día 14 de febreiro foi San Valentín, que é o día do amor.
 E  eu dende a biblio propuxénvos unha cita a cegas. Aínda que non sabiades de que se trataba respostastes moi ben ao meu convite e por isto estou moi moi ledo.
 Pois ben a cita como ben sabedes foi unha cita a cegas... coa lectura e para isto os meus axudantes da biblio estiveron agochando libros para que os levarades en empréstito pero sen verlles a portada, e non vos deixasesdes levar polas aparenzas. O único que aparecía eran tres verbas que nos daban pistas de que podía ir o libro, a cor do gomet que nos indicaba si se trataba de un libro para os primeiros lectores (azul), un para os lectores autónomos (vermello) ou un para os lectores expertos (verde), e o número de rexistro para poder facer o empréstito no Meiga, e xunto co libro levabades unha ficha de lectura para coñecer ás vosas impresións sobre a cita a cegas deste San Valentín.
A verdade foi todo un éxito, posto que todos os nenos e nenas levastes unha "cita" para a casa e así adicásteslles un anaco ao pracer da lectura.
Pero como vale máis unha imaxe que mil palabras aquí vos deixo unhas fotiños da nosa I CITA A CEGAS COA LECTURA .











 FICHAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA
 FICHA PARA O ALUMNADO DE INFANTIL










SAÚDOS, CASTAÑÓN!!!

CAST@RADIÓMETRO

Boas rapazada:
Hoxe estou aquí para presentarvos o Cast@radiómetro que é un medidor de locutores de radio, o cal empregamos para levar o control dos participantes semanais na nosa emisora de radio, a Cast@radio.


Saúdo, Castañón.

DÍA DA PAZ

Boas rapazada:
O pasado día 30 de xaneiro foi o Día da Paz e da Non Violencia Escolar e para relacionalo co noso P.D.I. deste curso, que como xa sabedes versa sobre os Xogos Olímpicos,e para isto dende a área de educación física fixemos ACROSPORT co alumnado de todo o centro.




SAÚDOS , CASTAÑÓN!!!

BIBLIOTECA CREATIVA

CURSO 2019-2020

Este curso iremos colgando aquí as actividades que se van facendo ao abeiro do programa biblioteca creativa. 
Aquí estou para presentarvos o reto do mes, nesta ocasión  empregaremos a mesa de luz e iremos deixando as fotografías que  se van facendo nos distintos cursos.
O RETO DO ALUMNADO DE 5º E 6º
























Boas rapazada:
Hoxe tivemos a sorte de ter connosco na nosa escola a Paola Guimeráns que é unha artista que fusiona arte e tecnoloxía. Nos escollémola dentro da formación do programa de Biblioteca Creativa e levou a cabo tres obradoiros co noso alumnado. 
Por unha banda co alumnado de 3º e 4º levou a cabo un obradoiro de cicuítos de papel, e co alumnado de 5º e 6º os dous obradoiros restantes, primeiro un de Makey Makey, e rematou cun de circuítos e-textiles. 
Ademais disto o alumnado de 4º, 5º e 6º entrevistouna na Cast@radio, e esta entrevista poderase escoitar no vindeiro programa.
Deixovos aquí unhas fotiños do día de hoxe para que vexades canto aprendemos e nos divertimos esta mañá con Paola na escola.





















 Saúdos Castañón!!

CURSO 2018-2019
Este curso, continuamos no proxecto Escornabot, que muda de nome e pasa a chamarse BIBLIOTECA CREATIVA, nesta lapela imos ir subindo o que traballamos ao abeiro deste proxecto. 
E comezamos colgando unhas fotografías do noso espazo Cast@maker:






Nas últimas datas tivemos varias novidades dentro do noso Cast@maker, por unha banda deixámosvos unha fotografía do noso muro lego: 

E por outra deixamos unha fotografía dun deseño realizado coa 3D,posto que nos rompeu o enganche dun dos pés de micro da Cast@radio e decidimos elaboralo coa impresora, aquí vos deixamos o resultado:


 E para rematar coas novidades, deixovos unhas fotografías da nosa rapazada xogando con diferentes materiais do Cast@maker:









Tal e como vos contamos en Halloween elaboramos un xogo que chamamos "Pilla Escornabot" e para que poidades xogar se así o desexades o alumnado de 5º coa colaboración de algunha alumna de 6º elaboraron un vídeo explicativo do mesmo:

Este curso estamos de estrea, posto que temos un novo xogo no noso CAST@MAKER para crear videoxogos que se chama Bloxels, aquí vos deixamos un pequeno vídeo no cal parte do noso alumnado vos explican como se xoga e o que estamos experimentando co mesmo.
O primeiro que fixemos foi empregar os Escornbots e outro que temos en forma de rato para os obradoiros do Samaín. 
Elaboramos un xogo que consistía en salvar a diferentes personaxes de Halloween, unha bruxa, unha pantasma, unha cabaza...do monstro rouba cores. Aquí vos deixo as fotografías deste día:

























DENDE ESTE CURSO, ESTAMOS NO PROXECTO ESCORNABOT, UN PROXECTO EXPERIMENTAL PARA INTRODUCIR A ROBOÓTICA DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR ENTRE O NOSO ALUMNADO. 
 Nesta lapela, iremos publicando todos os traballiños que vaiamos facendo cos nosos robots.
VÍDEO REALIZADO PARA A FORMACIÓN ONLINE DO CURSO DE FORMACIÓN DO PROXECTO


Empregamos os escornabots, no magosto deste ano!!!









TRABALLOS DO CURSO DE FORMACIÓN DOS ESCORNABOTS


















 
Aquí vos deixo un vídeo resumo dos xogos tradicionais que elaboramos, polo momento cos escornabots, aínda que cómpre sinalar que estamos elaborando máis que subiremos paulatinamente, segundo os vaiamos rematando.