CITAS A CEGAS...COA LECTURA

Boas rapazada!!
Que tal estades? Como xa sabedes o pasado venres, día 14 de febreiro foi San Valentín, que é o día do amor.
 E  eu dende a biblio propuxénvos unha cita a cegas. Aínda que non sabiades de que se trataba respostastes moi ben ao meu convite e por isto estou moi moi ledo.
 Pois ben a cita como ben sabedes foi unha cita a cegas... coa lectura e para isto os meus axudantes da biblio estiveron agochando libros para que os levarades en empréstito pero sen verlles a portada, e non vos deixasesdes levar polas aparenzas. O único que aparecía eran tres verbas que nos daban pistas de que podía ir o libro, a cor do gomet que nos indicaba si se trataba de un libro para os primeiros lectores (azul), un para os lectores autónomos (vermello) ou un para os lectores expertos (verde), e o número de rexistro para poder facer o empréstito no Meiga, e xunto co libro levabades unha ficha de lectura para coñecer ás vosas impresións sobre a cita a cegas deste San Valentín.
A verdade foi todo un éxito, posto que todos os nenos e nenas levastes unha "cita" para a casa e así adicásteslles un anaco ao pracer da lectura.
Pero como vale máis unha imaxe que mil palabras aquí vos deixo unhas fotiños da nosa I CITA A CEGAS COA LECTURA .











 FICHAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA
 FICHA PARA O ALUMNADO DE INFANTIL










SAÚDOS, CASTAÑÓN!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario