OS CARTEIROS DO AMOR

Boas rapazada:
Como xa sabedes o pasado venres, foi o Día de San Valentín, e ademais de ter a  I CITA A CEGAS COA LECTURA, tivemos outra actividade. Decatámonos de que o noso buzón do agarimo,  o
que empregamos para a sección da Cast@radio Escóitate! estaba repleto de mensaxes agarimosas con motivo do citado día, e porén decidimos que non as íamos ler todas pola radio, senon que contariamos co alumnado de infantil para exercer de Carteiros do amor e entregar en man as mensaxes de agarimo nunha data tan especial. 
Aquí vos deixo unhas imaxes para que poidades ver o ben que o pasaron tanto os carteiros coma as persoas que recibiron as mensaxes.










Ningún comentario:

Publicar un comentario