Seguimos co programa "Aprendendo a nadar"

 OLA COMPAÑEIROS/AS!

Outro ano máis continuamos co programa Aprendendo a nadar, un programa cheo de beneficios para o noso alumnado.

Por terceiro ano consecutivo continuamos, en colaboración co concello, cun dos proxectos máis ilusionantes para o noso alumnado: un proxecto de aprendizaxe de natación en diferentes niveis para todo o alumnado de educación primaria.

Como sabedes, esta actividade nace co obxectivo fomentar hábitos de vida saudables, mellorar a autonomía persoal e, sobre todo, garantir a seguridade no medio acuático, sen esquezernos de que pouco a pouco a rapazada vai gañando confianza e superando os seus medos.

Ao longo das sesións, o alumnado está a familiarizarse coa auga a través de xogos, exercicios de respiración e desprazamentos básicos. Pouco a pouco, van gañando confianza e adquirindo habilidades que lles permiten avanzar ao seu propio ritmo, sempre acompañados por monitores especializados.

Agardamos que este proxecto siga tendo continuidade ao longo do tempo.

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario